top of page

Todo comeza con... 

Entusiasmo, forza interior e, por suporto, con moitas ganas de aprender.

Este proxecto trátase dunha páxina web de recursos educativos dixitais en galego, titulada “O Planeta Azul: A Terra” --creada coa plataforma Wix.com--, cuxa temática está esencialmente enfocada no planeta Terra, abarcando todo o que esta inclúe e dirixida a 4º e 5º de Educación Primaria .

A Terra é o único fogar que ten o ser humano, e que mellor motivo para comezar un proxecto que xire en torno ao seu único refuxio. Coñecer o entorno no que se ve inmerso día a día é fundamental para a súa existencia e para o respecto que este debe propiciar ao  resto de seres vivos que habitan nela. Así mesmo, o coidado do planeta tamen é asunto de interese para este proxecto, pois o ser coñecedor/ora de todos os elementos que interactúan ao redor do mundo fará ao alumnado un ser máis competente e consciente das posibles problemáticas que aflixen ao ser fogar hoxe en día, para ser un ser xerador de solucións efectivas para estas.

Realizamos a elección deste tema, principalmente, porque nos atopamos comprometidos co que esta implica. Actualmente, o noso planeta está a sufrir unha serie de cambios de extrema gravidade a causa da contaminación e da acción humana. Este feito, atópase fortemente respaldado principalmente pola falta de concienciación e formación das persoas, as cales na súa maioría, non son nin sequera conscientes da gravidade da situación e da repercusión que causan os seus hábitos e actuacións no noso planeta.

É por este, o motivo polo que decidimos fundamentar a nosa páxina web no ensino e formación desta temática. As persoas deben ser educadas desde a infancia dentro dunha serie de valores de ben, entre os que se debe atopar o coidado e protección do medio ambiente, tendo en conta que “os currículos de educación primaria incorporan elementos curriculares relacionados co desenvolvemento sustentable e o medio ambiente”(Decreto 105/2014, 2014, pp. 37419-37420) . Só deste xeito poderemos formar una sociedade con conciencia que poida coidar e sobre todo, garantir un futuro mellor para as xeracións vindeiras, nun planeta limpo, coidado e san.

A escolla deste proxecto nace da nosa curiosidade sobre o funcionamento e creación deste tipo de contido, o cal nos parece de gran utilidade para o futuro, tanto dentro como fóra do ámbito educativo.

 

No tocante á estrutura da páxina web, esta divídese en catro apartados:

  • Inicio: espazo onde se da a benvida a tódolos/as visitantes que accedan á web.

  • Coñece o proxecto: neste apartado inclúese información sobre o noso proxecto.

  • Recursos: espazo onde se inclúen tódolos recursos de autoría propia e de non autoría propia. Neste apartado é onde se reflexa a secuencia didáctica baseada na teoría da aprendizaxe significativa de Ausubel, na cal se plantexa o uso de organizadores previos para introducir a información, de tal xeito que se parte dos conceptos  xerais á específicos, co obxectivo de que o alumnado comprenda o mundo na súa totalidade e chegue a entender que factores e elementos interactúan entre sí nas problemáticas actuais; é necesario partir da orixe para chegar á comprender a problemática e as consecuencias. Polo tanto, tendo en conta os organizadores previos, as diferentes temáticas a abordar nos recursos creados foron organizadas de nos seguintes bloques:  o sistema solar (1), a terra (2), os seres vivos (3), os seres inertes (4), a materia (5), a enerxía (6), os fenómenos naturais (7) e o medio ambiente (8). Dentro de cada bloque, as actividades tamén seguen o modelo dos organizadores previos, de maneira que as primeiras abordan conceptos xerais e as últimas, conceptos particulares. Os bloques constitúense como temáticas xeras e específicas segundo se vaia tratando o bloque anterior ou posterior, mentes que o bloque 1 é unicamente xeral e o bloque 6 é unicamente específico.

Ademais, no final da páxina deste espazo inclúese en forma de hipervínculo no botón “Descubre máis recursos noutros sitios web” o póster educativo. Con isto, buscamos que os recursos de autoría propia que se organizan nos bloques mencionados anteriormente se diferenciasen dos contidos no póster, os cales pertencen a outros sitios web.

 

Coa páxina web preténdese, ademais, facilitar a aprendizaxe do alumnado sobre as temáticas que se abordan nos recursos incluídos nela, presentando a información nun formato adaptado a sociedade do coñecemento actual, así como o acceso a estes independentemente do momento e lugar onde se atope o alumnado.

bottom of page